es
Books
León Tolstoi

Anna Karénina

«Todas as familias felices se parecen unhas ás outras, pero cada familia desgraciada éo ao seu xeito.» Con estas palabras inesquecibles abre Anna Karénina, un monumental fresco sobre o amor, a culpa e os límites da liberdade na Rusia aristocrática do século XIX, e unha das grandes obras mestras da literatura universal.

Ambientada entre Moscova e San Petersburgo, a novela enlaza dúas historias que se complementan e dialogan entre si. Dun lado, a de Anna Karénina, unha muller atrapada entre as convencións sociais e a paixón irrefreable que sente polo oficial Aleksei Vronski. Doutro, a de Konstantín Liovin, un fidalgo rural que procura darlle sentido á súa vida por medio do traballo, o amor e a reflexión sobre os grandes interrogantes da existencia.

Cunha fondura psicolóxica e unha capacidade de observación notables, Tolstói recrea o mundo da aristocracia e do campo, as tensións entre tradición e modernidade, a vida familiar, a política, a relixión e os conflitos morais que seguen a interpelar os lectores de hoxe. Anna Karénina compón unha análise abismal da alma humana e un retrato maxistral do seu tempo.
1,222 printed pages
Original publication
2026
Publication year
2026
Translator
Gómez Miguel
Have you already read it? How did you like it?
👍👎
fb2epub
Drag & drop your files (not more than 5 at once)